ConcellosÚltima hora

Son do Sil actuará na Feira do Lázaro, en Verín

O concerto da agrupación musical barquense está previsto para o 2 de abril ás 19h. no Auditorio
Parte de Son do Sil na actuación no programa “Aquí Galicia” emitido dende o Barco de Valdeorras. /Foto: Ángeles Rodríguez.

Na recta final da edición do que será o seu segundo traballo de estudo, e á espera de que sexa presentado oficialmente, o ano do X aniversario de Son do Sil, continúa o seu percorrido.

Despois de ser un dos convidados do programa “Aquí Galicia” da TVG do 21 de xaneiro no que presentaban dous temas dese novo disco (Quiéreme siempreAl calor del amor en un bar), a agrupación barquense participa por segunda vez nos Premios Martín Códax da Música na categoría de orquestas, grupos e verbenaas, con outros dous temas do novo repertorio: Can’t help falling in loveAdiós ríos, adiós fontes. 

Ademais, no mes de abril formarán parte da programación de actividades e espectáculos da Feira do Lázaro 2017, en Verín. A actuación de Son do Sil está prevista para o domingo día 2 ás 19h. no Auditorio Municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button