CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Son do Sil canta a Manuel María

A agrupación barquense pon música a un poema do homenaxeado no Día das Letras Galegas que celebrarán cun concerto en Vigo

Moi emocionados e satisfeitos se sinten os membros de Son do Sil polo concerto que darán no Auditorio Municipal de Vigo (o primeiro na provincia de Pontevedra) o Día das Letras Galegas. Unha actuación que adicarán á música galega cun repertorio especialmente preparado para a ocasión. Ademais de varios clásicos da cultura popular galega, farán a súa especial homenaxe a Castelao coa súa versión de “Lela” e a Rosalía de Castro con “Adiós ríos, adiós fontes”. Pero sen dúbida o tema central do concerto será “Galicia docemente” baseado nun poema de Manuel María (homenaxeado das Letras deste ano) ao que Son do Sil puxo música.

O tema, do que se sinten especialmente orgullosos e que formará parte do segundo disco no que están traballando, consta de dúas partes diferenciadas, unha estilo bolero e outra guajiro, e era presentado aos medios de comunicación na tarde do 3 de maio, intres antes de comezar os ensaios.

Cartaz do concerto que Son do Sil dará en Vigo.
Cartaz do concerto que Son do Sil dará en Vigo.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button