CulturaCulturaÚltima hora

Son do Sil presenta dous temas do seu novo disco en “Aquí Galicia”

O grupo valdeorrés actuará neste programa da televisión galega a partires das cinco da tarde do 21 de xaneiro

 

O grupo Son do Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Quiéreme siempre” y “Al calor del amor en un bar”. Serán os dous temas que interpretará o grupo valdeorrés Son do Sil no decurso do programa “Aquí Galicia” da TVG que se emitirá en director a partires das catro e media da tarde dende a praza barquense Andrés de Prada. Estas dúas pezas forman parte do novo traballo que está a preparar Son do Sil.

A súa actuación está prevista, segundo adiantan dende a formación, ao redor das cinco. Este será un dos grupos valdeorreses que tocarán durante este programa. Unha actividade enmarcada na celebración da XVII Festa do Botelo.

Artigos relacionados

Back to top button