DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Sporting Manzaneda estrea a liga provincial con goleada

Vencía na casa ao Futsal Oímbra cun contudente marcador de 11 goles a 1

Con forza regresa o equipo do Sporting Manzaneda á liga provincial de fútbol sala. Encetaba o calendario na casa na tarde do 14 de outubro nun partido no que se medía contra o Fustal Oímbra. Os goles facíanse de rogar, a pesar das ocasións, e non chegaban ata o minuto 15. Ese primeiro tanto marcábao José Castro (Sporting Manzaneda). A partir de aí os locais entraban en racha e conseguían outros seis goles (da man de Aarón Álvarez, Adrián Álvarez, Jairo Blanco e José Castro) sen que o Oímbra fose quen de reaccionar.

Non era ata o minuto 29 cando o equipo visitante lograba atravesar a portería do Manzaneda e lograba o seu primeiro e único gol (de Francisco Cabido) en todo o partido xa que a partir de aí os locais marcaban outros catro tantos (de Aarón, Jairo e David González). Así o encontro finalizaba cun contundente resultado de 11 goles a 1 a favor do Manzaneda, que deste xeito se coloca de líder na táboa tras esta primeira xornada de competición.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button