ConcellosÚltima hora

Suspéndense as clases o 15 de febreiro nos concellos da montaña ourensá e lucense

A Consellería de Cultura e Educación emitía na tarde do 14 de febreiro unha nota anunciando esta medida

Neve nunha das zonas montañosas da provincia de Ourense.

A Comisión Escolar de Alertas decidía, ante o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa previsto para o luns 15 de febreiro por nevaradas que acadarán os 30 centímetros, “a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para mañá nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Montaña nas provincias de Lugo e Ourense”, segundo a nota de prensa que emitía na tarde do 14 de febreiro a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A suspensión terá vigor dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico: dende as 00,00 horas do luns 15 ata as 18 horas, con seguimento das condicións climáticas. “Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares, solicitando que leve a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso. Do mesmo xeito comunicarase ás empresas de transporte escolar”, citando de novo á consellería.

E no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, “os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente”

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf

Artigos relacionados

Back to top button