DeportesÚltima hora

Taboadela organiza unha andaina en favor de Alistair Bain

A recadación das inscricións nesta proba deportiva, que se celebrará o vindeiro domingo 22 de outubro, irá destinada a este rapaz que padece parálise cerebral
Presentación da andaina.

O presidente da Deputación, Manuel Baltare os concelleiros de Taboadela Jose Antonio Paz e Juan Manuel Guede a I Andaina Solidaria de Taboadela en favor de Alistair Bain. Na presentación tamén estivo María Soledad Ferrero, nai de Alistair, e co propio Alistair Bain.  Esta proba celebrarase o vindeiro domingo, 22 de outubro, e cuxa recadación irá destinada integramente a axudar a este neno da parroquia de Torán, que padece parálise cerebral.

O presidente do goberno provincial destacou que esta iniciativa “ten un plus polo que supón de solidariedade e cooperación en favor Alistair”, e fixo un chamamento para que o vindeiro domingo “sexa masiva a inscrición e a participación para amosarlle a Alistair e á súa familia o cariño de todos”.

José Antonio Paz agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e das entidades colaboradoras, de igual xeito que a nai de Alistair, quen dixo sentirse emocionada “por ser esta a primeira andaina que se organiza en Taboadela e que lla dediquen a Alistair”, expresou María Soledad Ferrero.

A inscrición para participar na andaina pode realizarse no Concello de Taboadela ou en Aixiña, cun custe de 7 euros. En canto á proba deportiva, sairá do pavillón municipal de Taboadela o vindeiro domingo, ás 9:30 horas, cun percorrido de 14 quilómetros de dificultade moderada, durante o cal haberá avituallamento para os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button