DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no C.D. Trives-C.D. Rúa

O derbi disputado no campo trivés do Agro saldábase co empate a ceros e reparto de puntos

Sen goles. Co 0-0 no marcador remataba o derbi disputado na tarde do 24 de setembro no campo do Agro, correspondente á 3ª xornada de liga en segunda autonómica.

Dun lado do terreo de xogo, o conxunto local, o recén ascendido C.D. Trives dirixido por segundo ano consecutivo por David Pérez. Do outro, o C.D. Rúa dirixido por Javi Ferrer. Ámbolos dous equipos pelexaron por marcar e sumar os tres puntos en xogo pero ningún o conseguía rematando o encontro sen abrir o marcador.

Co empate e o reparto de puntos, o Trives descende ata o posto 13º (leva dúas derrotas) tendo no Caldelao ao seguinte rival a domicilio. O Rúa pola súa banda, sitúase no 4º posto da clasificación grazas ás dúas vitorias que suma no que vai de liga. O seguinte rival para os amarelos e azuis será en casa, no campo do Aguillón contra o C.D. Moreiras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button