CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de contacontos na Biblioteca de Trives

Máis de trinta rapaces asistían á representación de “A nena do saco”

No marco da conmemoración do “Día do Neno”, a Biblioteca Municipal de Trives organizaba na tarde do 20 de novembro unha serie de actividades pensadas para os máis pequenos da casa. Así a historia “A nena do saco” era levada a escea ante máis de trinta nenos e nenas con idades comprendidas entre cero e oito anos, moitos deles acompañados por pais ou avós.

“Co conto elixido intentábase reflectir os dereitos dos máis cativos, como por exemplo a proteción contra o traballo infantil, o dereito a ter unha familia ou a vivir en harmonía, entre outros”, explican dende a biblioteca trivesa.

E como peche desta “fantástica xornada”, os nenos elaboraban un mural para conmemorar o “Día do Neno”, “sumándose así a este chamamento mundial a favor da infancia”, sinalan dende a Biblioteca Pública Municipal de Trives.

Fotos cedidas pola Biblioteca Municipal de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button