DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de fútbol, magosto e exhibición da man do C.D. Rúa

O campo do Aguillón acolleu a presentación dos seis equipos do club que compiten esta tempada

Moi animada estivo a tarde do 12 de novembro no campo de fútbol do Aguillón cunha triple celebración da man do C.D. Rúa: partido de liga da categoría sénior, presentación dos diferentes equipos do club e magosto.

Moi cedo comezaba o partido de liga entre o C.D. Rúa e o Cea. Un encontro que malia comezar moi favorable para os locais que se adiantaban no marcador 3-0 (tantos de Carlos) nunha fantástica primeira parte, torcíase na segunda encaixando os tres goles do empate. Ao final un punto para un equipo xove e irregular que non dá atopado a clave do xogo.

Os maiores do club no ganaron, pero a festa estaba asegurada xa que con seis equipos en competición, este ano o C.D. Rúa está de noraboa, con grandes ilusións postas nos máis pequenos. Así, diante da afección e dos familiares, os equipos sénior e xuvenil, facíanlle o corredor ao resto de equipos que eran presentados polos seus adestradores (Javier, Luis María, Carlos, Malira, Carlol, e Sabela), dende os prebenxamíns (equipos A e B) ata os infantís pasando polos alevíns. Unha gran canteira que garantiza o futuro do club rues.

O míster do primeiro equipo, Javier Ferrer fixo de mestre de cerimonias, dando paso ao magosto con bolos preñados e castañas asadas no que participaron xogadores, afeccionados, directiva e familiares.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button