CulturaCulturaÚltima hora

O teatro de rúa inaugurará a MOTI o 23 de decembro

Trécola Teatro presenta “eMOTIonario” que sairá ás 18:00 dende a Sala Valente e rematará na praza de San Martiño

O sábado 23 de decembro, ás 18:00 horas, Trécola Teatro presenta “eMOTIonario”, un espectáculo de rúa que servirá como inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ourense.

A saída será na rúa do Paseo, fronte a Sala Valente (Antigo Banco de España), e farán un percorrido até a praza de San Martiño onde se desenvolverá a acción teatral.

A MOTI arranca, así, a súa décimo cuarta edición que levará aos espectadores, entre os días 26 e 30 de decembro, ao Auditorio Municipal de Ourense, Teatro Principal, Campus e ás rúas da cidade.

Concretamente serán catorce espectáculos de compañías galegas, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Andalucía e Arxentina, ademais de promocións e accións teatrais. Estes espectáculos representan diferentes xéneros como a danza, os monicreques, teatro de sombras, teatro de actor, teatro de rúa e a música, todos eles dirixidos aos máis pequenos da casa dende un ano até os oito anos.

Aviso 

Debido a que a previsión meteorolóxica para o martes día 26 anuncia choivas, o espectáculo “A-TA-KA!” de Cal y canto Teatro podería trasladarse ao Pavillón do Colexio Mestre Vide (Rúa Mestre Vide), con entrada libre.

No caso de que non chova manteríase entre os Xardíns de Padre Feijóo e a Praza de San Martiño. Irán informando puntualmente dos cambios dende a organización.

Cartel da moti.

Artigos relacionados

Back to top button