CulturaCulturaÚltima hora

Teatro e música en Allariz

Homenaxe a Marcial Suárez o 22 de agosto e actuación de Canta Compaña o 25

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Da man da Fundación Vicente Risco, a localidade ourensá de Allariz acollerá nos vindeiros días dous actos culturais. O primeiro, previsto para o venres 22 de agosto e promovido polo Concello, será en homenaxe ao novelista e dramaturgo alaricano Marcial Suárez, coa proxección da representación teatral de “Cinco contos do acomodador” realizada en 1997 (coordinación e adaptación dos textos, Antonio Blanco;e dirección artística, Xian Bobillo). A cita será na Casa da Cultura a partires das 22h.

O segundo acto, será musical e terá lugar o luns 25 de agosto na igrexa de Santiago a partires das 21h. Alí, o grupo Canta Compaña dirixido por Julia Cea, dará un concerto coral dividido en tres partes: a primeira “Canta Compaña” incluirá os temas
“Muito debemos, varoes”, Cantiga de Santa María nº 2 de Afonso X O Sabio (arranxos de Benito G. de la Parra); “Rosa das rosas”, Cantiga de Santa María nº 10 de Afonso X O Sabio; e “Stela splendens in monte, Llibre Vermell” de Montserrat.

A segunda parte “Curros e a poesía galega” incluirá outros cinco temas: “Do mar pola orela”, letra de M. Curros Enríquez e música de L. Emilio Batallán (harmonizada por J. Domínguez); “O maio”, letra de M. Curros Enríquez e música de L. E. Batallán (arranxos de Plácido Travieso); “Os teus ollos”, letra de M. Curros Enríquez e música de José Castro “Chané”; “Compañeira”, trad. Galicia e harmonizada por Julio Domínguez; e “María si vas”, de 3 Cantos Ponteareáns, harmonizada por M. Ángel Viro e Julio Domínguez.

Para rematar, a terceira parte “Poesía noutras linguas”, incluirá sete temas: “Si te quiero…”, letra de M. Benedetti e música de A. Favero (arranxos de P. Travieso; “Nerea izango zen”, Mikel Laboa (harmonizada por Javier Busto); “Pokarekare ana”, canción maorí con arranxos de Mike Brewer; “Shto mi e milo”, trad. Macedonia; “Akanamanla”, trad. Sudáfrica; e “Muma warunó”, trad. aboríxen Australia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button