CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Teatro Lauro Olmo do Barco acolle un dos concertos da Ourensanía da Coral De Ruada

A xira, patrocinada pola Deputación de Ourense, levará ao coro por diferentes localidades da provincia

Foliadas da Rabeda e da PeroxaPandeirada de OurenseFoliadas de LuintraCanto a OurenseOurense no solpor,… Son algún dos temas que a Coral De Ruada interpretaba na noite do 24 de novembro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

O concerto forma parte do programa da Ourensanía patrocinado pola Deputación de Ourense que levará ao coro ourensán por varias localidades da provincia, acompañado polo seu grupo de instrumentos populares (gaitas, percusión e zanfona), e dirixido polo seu director artístico, Xoán Antón Vázquez Casas.

Tal como avanzan dende a coral, o repertorio está formado por cantigas populares relacionadas coa provincia Ourense e con respecto ás polifónicas “tanto letristas como músicos son ourensáns, coa excepción da cantiga O quer que lle quer, popular con harmonización do músico vallisoletano afincado na Coruña, Mauricio Farto, unha das primeiras que gravou a Coral en 1929″, puntualiza Emilio, vicepresidente da coral.

Despois da actuación no Barco de Valdeorras que contou coa colaboración do Concello, xa no mes de decembro, a xira da Ourensanía levará á Coral de Ruada ata Montederramo (día 8), Celanova (día 12), Vilamarín (día 16), Castrelo de Miño (día 17), Xinzo de Limia (día 22), Bande (día 23), Viana do Bolo (día 29) e Cea (día 30).

Artigos relacionados

Back to top button