CulturaCulturaÚltima hora

Teatro nas festas de Vilamartín

O grupo Xaime Prada puxo en escea unha comedia detectivesca

Levaban tempo ensaiando e o esforzo valeu a pena. Numeroso público asistía na tarde do 25 de abril á estrea da obra “Paco Jones, detective privado” unha divertida comedia interpretada polo grupo de teatro Xaime Prada da Asociación de Veciños de Vilamartín de Valdeorras.

A representación tiña lugar no Centro Cultural Santa Lucía, en plenas festas de San Jorge, patrón do pobo, cuxo programa se desenvolveu entre o 23 e o 26 de abril.

Ademais da obra de teatro sobre o detective Paco Jones, o grupo tamén interpretou “reclamaciones@cielo.dios” un sainete que de novo porán en escea o vindeiro venres 1 de maio, no marco da VI Xornada de Teatro da Rúa organizada pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada. Nesa ocasión, a cita será a partires das 19h. no Centro Cultural Avenida da Rúa, cun programa no que tamén actuarán outras seis agrupacións de teatro afeccionado, que interpretarán pequenos sketch.

Artigos relacionados

Back to top button