CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Teatro solidario en Vilamartín de Valdeorras

A recadación irá destinada á investigación sobre a biópsia líquida de ONCOMET

Un ano máis, o grupo de teatro Xaime Prada era o gran protagonista da tarde do sábado 22 de abril en Vilamartín de Valdeorras, no marco das festas patronais.

A localidade valdeorresa celebraba os actos na honra a San Jorge ao longo de toda a fin de semana e por segundo ano consecutivo, a obra de teatro representada no Centro Cultural Santa Lucía, foi todo un éxito. No só pola posta en escena dos actores que fixeron rir ao público coa comedia “O consultorio médico”, senón polo fondo solidario da actividade cuxa recadación irá destinada integramente á biopsia líquida en beneficio de ONCOMET.

Entre o numerosos público, estaba un dos seus veciños, o oncólogo vilamartinés Rafael López, coordinador do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela que puxo en marcha a campaña de micromecenado para recaudar fondos que permitan seguir avanzando na investigación do cancro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button