ConcellosÚltima hora

Terceira detención na operación contra o tráfico de drogas no Barco

Tiña lugar o día 17 de setembro e o detido é outro veciño da vila

Máis detencións no marco da Operación Sacras sobre tráfico de drogas no Barco. Tras as dúas realizadas na noite do 15 de setembro, dous días despois, o 17 de setembro, a Garda Civil procedía a detención de J.A.R, de 41 anos de idade e tamén veciño do Barco, “como presunto autor de un delito contra la salud pública”, segundo se informa dende a OPC de Ourense da Garda Civil.

A Operación SACRAS poñíase en marcha o pasado mes de xullo, tras ter coñecemento dun punto de venda de droga na estación de ferrocarril barquense. Así, despois de levar a cabo varias investigaciones, o pasado día 15, a Garda Civil interceptaba un vehículo no que circulaban os dous detidos, e despois de realizar un rexistro, “localizábanse 330 gramos de cannabis sativa, agochada baixo o asento do condutor e envasada en bolsas ao vacío, posiblemente destinada á venta ao menudeo”, segundo a nota emitada pola OPC.

Ademais, a operación proseguía levando a cabo un rexistro no seu domicilio, “onde se incautaron 30 gramos de heroína, e 40 gramos de cocaína, todo preparado en bolsas para a súa venda, así como 18 teléfonos móbiles, unha pistola de aire comprimido, diñeiro en efectivo, e básculas de precisión”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button