DeportesÚltima hora

Terceira proba da Copa Deputación 2017 de orientación deportiva, este domingo en Cenlle

A competición está organizada polos clubs Peña Trevinca Barco e A.D. Limiactiva
Cartel da Copa Deputación 2017 de orientacion deportiva.

O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva e en colaboración co Concello de Cenlle, organizan a terceira proba da II Copa Deputación de Ourense de orientación deportiva.

A cita será este domingo 25 de xuño a partires das 11h. e constará de 5 probas (puntúan as 3 mellores para á clasificación final da presente Copa Deputación) para todas as categorías na zona termal de Barbantes.

O programa comezará xa ás 10:30h. coa apertura da secretaría e a entrega de tarxetas Sportident para a carreira e xa ás 11h. sairán os primeiros participantes. O correlín será ás 12:30h.

A inscrición na carreira custa 3 euros, a pagar no momento da saída (só para as categorías sénior e veteranos) e a data límite de inscrición é mañá xoves día 22 de xuño ás 23:59h.

Artigos relacionados

Back to top button