OurenseÚltima hora

Termatalia México pecha a súa 16ª edición con “éxito”

Brasil e Colombia pugnan por acoller a edición de 2018 da feira ourensá
Presentación das candidaturas de Brasil e Colombia para a edición 2018 de Termatalia.
Presentación das candidaturas de Brasil e Colombia para a edición 2018 de Termatalia.

Termatalia México pechou a súa 16ª edición cun “éxito” que, segundo os organizadores, deixa ver o “bo momento” que vive o turismo de saúde a nivel mundial. A feira celebrouse do 29 de setembro ao 1 de outubro en Arteaga-Saltillo, no estado mexicano de Coahuila, nun espazo que acolleu representación de 30 países de todo o mundo. Un espazo no que tamén Ourense tivo o seu recuncho para dar a coñecer a ourensanía e os recursos da provincia, tanto a través das institucións como a Deputación e o Concello, como da propia organización do evento.

Esta foi a terceira edición que Expourense organiza en América e, tras os bos resultados obtidos nela, todo apunta a que en vindeiras edicións seguirá a expandirse polo continente americano. Dende o equipo organizador aseguran que a de 2017 será en Ourense, “cidade na que naceu e creceu este proxecto convertido en marca do termalismo mundial”, din. Pero tamén avanzaron que estudarán ambas candidaturas de cara á edición lationamericana de 2018 para decantarse por unha das dúas. Por Brasil, presentouse a rexión de Foz de Iguazú, onde están ubicadas as famosas fervenzas que promove o binomio natureza e termalismo. Por Colombia presentouse o Departamento de Risaralda, en pleno eixo “cafeteiro” que combinaría café e termalismo. A resposta será anunciada nos próximos meses.

Artigos relacionados

Back to top button