EntrevistasÚltima hora

“Todo o mundo está volcado con nós”

O capitán Fernández, da Compañía Monteros de Espinosa da Garda Real, fala da visita desta unidade a Valdeorras
O capitán Fernández da Compañía Monteros de Espinosa da Garda Real.

 

Ata o 20 de maio permancerá no Barco a Garda Real. Esta é unha das vilas nas que estará presente no que é a súa primeira visita á provincia de Ourense. Na mañá do 18 de maio tiña lugar no Concello do Barco un acto oficial no que participaba o capitán Fernández, acompañado polo cabo maior Fernández Gay, que eran recibidos polo alcalde do Barco, Alfredo García. De seguido, o capitán Fernández, da Compañía Monteros de Espinosa (compañía de infantería da Garda Real) atendía amablemente as preguntas do Periódico O Sil.

¿Cal é o obxectivo desta visita á provincia da Garda Real?
No denominado exercicio da Garda Real, que se fai anualmente, despregamos aproximadamente un terzo da garda nunha provincia española que non teña unha unidade militar. Nestas caso somos uns 550 os que estamos en Ourense, aproveitamos para vir aquí e dar a coñecer a Garda Real e as Forzas Armadas á poboación da zona. Chegamos o 17 de maio pola noite e nestes días estaremos na provincia. Nós concretamente, a Compañía Montero de Espinosa, o que estamos facendo en Valdeorras é dar charlas nos diferentes colexios para que coñezan cal é a nosa misión, que é o que facemos na Casa da súa maxestada o Rei, que é o que fan as Forzas Armadas, e tamén realizaremos exhibicións para que os cidadáns nos vexan. No caso do Barco, será o vernes 19 de maio ás seis da tarde. Nela vai vir persoal do escuadrón de cabaleiría, que está despregado en Ourense, e tamén da sección de motos, que traerán dúas Harley para realizar unha exhibición aquí.

¿É a primeira visita que fan á provincia de Ourense?
Non é a primeira vez que vimos a Galicia, pero si a Ourense. Cada ano inténtase ir a unha provincia distinta. No 2016 estivemos en Málaga, o ano anterior en Asturias e desta vez tocábanos o noroeste da península.

¿Como está sendo a experiencia? ¿como ven a resposta da poboación?
A verdade é que moi boa, está todo o mundo volcado con nós. O 18 de maio visitamos tres colexios e teñen sido absolutamente encantadores. Moita xente non sabe cal é a misión das Forzas Armadas, os nosos cometidos e o que pretendemos é achegarnos ás persoas e que vexan que realmente somos xente normal coma eles, e que nos adicamos á defensa de España. Desta maneira tamén poden ver os nosos medios e poden facernos preguntas e plantexarnos as súas dúbidas e, sobre todo, que vexan ás Forzas Armadas como algo normal, que forma parte da sociedade e que está para servila. A iso é en realidade ao que nos dedicamos.

 

O capitán Fernández, xunto ao cabo maior Fernández Gay, no intercambio de agasallos co alcalde do Barco na recepción do 18 de maio no Concello.

 

¿Cantos membros da Garda Real están no Barco?
Estamos uns 55 aloxados no polideportivo (de Calabagueiros), se ben vai vir máis xente para participar na exhibición, unhas 40 persoas máis. Hai unha sección de movementos floreados, o persoal do escuadrón de cabaleiría, que traerá oito cabalos; e tamén da sección de motos.

Tendo en conta que Ourense é unha provincia de montaña, ¿teñen previsto realizar algunha actividade específica neste senso?
Sempre que imos a unha provincia subimos ao seu pico máis alto, que neste caso é Pena Trevinca. Entón a metade da compañía fixo onte unha ascensión e a outra metade farémola hoxe. Ademais, como tamén temos bastante persoal experto en montaña e que mesmo teñen realizado expedicións de alpinismo noutros países, pois sempre que podemos aproveitamos para facer algunha vía de escalada e demais. Neste exercicio, como non imos estar tanto tempo como nos gustaría, aproveitaremos as instalacións do polideportivo do Barco para facer prácticas no rocódromo, que a verdade é que está moi ben.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button