Monográfico Moda veránMonográficos

Todo un abano de tendencias

A VI edición da pasarela do CCA O Barco xunta a preto de 2.000 persoas en torno á moda
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Coa imaxe do Barco de Valdeorras como un gran hotel, símbolo da cordialidade da que presume a vila, capital de comarca, celebrábase a VI edición da pasarela de moda organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco.

A ritmo de música e efectos luminosos, pasadas as nove da noite do venres 11 de maio, un pavillón cheo de xente esperaba o comezo da pasarela. Un espectáculo que tomaba a saída coa modelo Silvia Neytiri xurdindo por sorpresa dunha enorme caixa, para percorrer a pasarela de O Barco Hotel.

A partires de aí a atención centrouse no convidado de honra nesta edición da pasarela, o cantante Fran Dieli. Con alegría e moito talento Dieli daba paso ao outro convidado da noite, Xosé Manuel Piñeiro, que dous anos despois volvía ao Barco para conducir a gala

A da Pasarela 2012 foi unha velada chea de cor, beleza e música na que os modelos tanto femininos como masculinos (con Diego Durán á cabeza) amosaron as propostas dos establecementos de moda asociados ao centro comercial barquense.

A moda infantil de Azul y Rosa foi coma sempre a primeira en desfilar con nenos do Barco que arrincaron máis dun aplauso e moitos sorrisos. Despois desfilarían as propostas de Trio’s Moda, Can Can, Miranda X, Garoba e Novedades Maribel, seguidas por catro estilismos de cada un dos novos creadores Irene Lameiro, Rubén González e Ana Paradelo.

Tralo descanso, amenizado por Fran Dieli e o grupo de baile, comezaba a segunda parte do desfile no que se puderon ver as distintas propostas (tanto de lencería como de cóctel ou festa) de Boutique Marina, Lolita, Prenda Outlet, Confecciones Elena, Boutique Suá, Miranda M e Charo López.

Sen esquecer o papel de Trio’s e Murciego no apartado de complementos; de Dalia e Studio-R no apartado de perruquerías; do Xornal O Sil e Abel Blanco Barcolor no de servizos; de perfumería e estética Ana de la Puente no apartado de estética; e de Ana Óptica e Interópticas Versa. Todos, apostando polo desfile como unha importante plataforma promocional do comercio local.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button