Galerías de fotosÚltima hora

Torneo benéfico de dardos no bar O Chao

Vinte dardeiros participan no campionato cuxa inscrición é para Cáritas do Barco

Na tarde do sábado 11 de outubro, o bar O Chao no Barco de Valdeorras acollía o I torneo benéfico de dardos individual. No campionato que comezaba en torno ás seis da tarde participaron vinte dardeiros, con premios para os tres primeiros.

A inscrición (15 euros) foi integra para Cáritas Interparroquial do Barco, unha iniciativa que para o presidente, Julio Mourelo resultou “unha honra”, sentíndose feliz e satisfeito porque “isto é unha mostra máis de que o pobo axuda de tódolos xeitos posibles e dende tódolos ámbitos, incluído o lúdico e iso é de agradecer porque vese que cada vez hai máis conciencia e axuda aos necesitados”.

Dende a organización do torneo, explican que é unha forma de divertirse e ao mesmo tempo colaborar coa entidade benéfica.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button