DeportesÚltima hora

Torneo de volei praia A Rúa 2014

O campionato celebrarase os días 29 e 30 de agosto no campo de volei do Aguillón
Campo de volei praia na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver
Campo de volei praia na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver

Despois dos torneos de pádel, tenis e golf rústico, celebrados no marco das festas de verán, o Concello da Rúa organiza un de volei praia, previsto para os días 29 e 30 de agosto. O campionato celebrarase no campo de volei que se estresaba hai uns meses na localidade ruesa, no complexo deportivo do Aguillón entre as pistas de tenis e o parque infantil. “Está funcionando moi ben, aos rapaces gústalles e están entrando, ademais os materiais que se puxeron son bos, a rede ten medidas para para distintas categorías, é regulable e reglada” explicaba o alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal.

Dende o propio concello adiantan que no torneo haberá dúas categorías: unha para menores de 14 anos e outra para maiores. O número de xogadores por equipo será de tres e as inscrións poden facerse de forma gratuíta no propio Concello.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button