ConcellosÚltima hora

Torneo urbano de videoxogos no Barco

A praza do Concello acollerá o 2 de setembro o torneo valdeorrés de “The urban tournaments”
Presentación do torneo de videoxogos no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Presentación do torneo de videoxogos no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Tralo éxito da primeira edición do torneo urbano de videoxogos, celebrada o ano pasado unicamente na cidade de Ourense, Zona Juegos decicía organizar este ano varios torneos por toda a provincia, dos que sairán os finalistas que desputarán a final o 12 de setembro na capital.

Un deses torneos clasificatorios do “Fifa 15” celebrarase o vindeiro 2 de setembro no Barco de Valdeorras e na mañá do 28 de agosto era presentado polo xerente da empresa de videoxogos con sede en Ourense, Óscar Jones (vinculado familiarmente á vila), acompañado pola concelleira de Comercio e Turismo, Irene Dacal e a tesoureira do Centro Comercial Aberto O Barco, Sandra Moldes, que tamén colaboran.

Cartaz do torneo.
Cartaz do torneo.

Óscar explicou que segundo o número de inscritos os participantes distribuiranse ou ben por grupos ou por fase directa e de aí sairán 1, 2 ou ata 4 para a final ourensá na que participarán un total de 32 xogadores.

O torneo desenvolverase na praza do Concello (en caso de chuvia no salón de actos do edificio multiusos) de 10 a 14 e de 16 a 21h. aproximadamente. Os oito primeiros clasificados recibirán vales de 20 euros cedidos polo CCA O Barco e o gañador levará ademais un trofeo. A idade dos participantes é a partires de 12 anos e a inscrición custa 10 euros.

Segundo o xerente de Zona Juegos videoxogo “Fifa 15” é o que máis se vende e o que máis xente atrae en consolas. O torneo desputarase en Play Station 4 e a organización porá todo o necesario para participar, aínda que cada xogador pode facelo co seu propio mando.

Os premios para os gañadores da final son 1.000 euros para o primeiro; 650 para o segundo; e 350 para o terceiro. Os dez primeiros levarán trofeo e os 32 da final unha camiseta conmemorativa.

Artigos relacionados

Back to top button