CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Toti Martínez pecha en Verín o ciclo “Crenzas antigas e mitoloxía”

Ten sido organizado pola Biblioteca Municipal deste concello e incluía tres ponencias e unha proxección comentada

Cunha divertida, interesante e didáctica conferencia da escritora e guionista vasca Toti Martínez de Lezea concluía na tarde do 12 de maio o ciclo “Crenzas antigas e mitoloxía”, organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín. Nela achegaba aos asistentes ao mundo da mitoloxía do norte peninsular.

Esta charla completaba un programa de catro actividades que comezaban o 4 de maio da man do antropólogo e músico Felix Castro Vicente, quen daba unha charla sobre o “libro de San Cipriano”. Ao día seguinte proxectábase o documental “Sapos e Bruxas”, de Luis Pedreira, seguido dunha charla-coloquio moderada polo etnógrafo da Gudiña José Rodríguez Cruz. E o 11 de maio Miguel Losada Pérez (da SAGA) impartía a conferencia “O mundo da morte, as ánimas e os defuntos”.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button