En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A tradición dos Maios envolve O Barco

Multitude de persoas achegábanse na mañá do 1 de maio ata a praza do Concello para ver estas esculturas vexetais, escoitar as coplas e percorrer a mostra de artesanía

Encabezada polo ritmo tradicional dos Bertolini, a comitiva dos Maios percorría a avenida Conde Fenosa do Barco pasadas as once da maña camiño da praza do Concello. Era alí onde comezaba a festa. Instalábanse os Maios (tanto de feitura enxebre como artística) e abría as súas portas unha mostra de artesanía e produtos gastronómicos. En torno ás doce e media, cesaba a música dos Bertolini e dábase paso á media ducia de coplas que participaban no concurso.

Entre tanto, numerosas persoas admiraban as fermosas esculturas vexetais e visitaban os diferentes postos, ademais de ir tomando nota para elixir ao seu Maio favorito e votar na urna instalada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) na mesma praza.

A festa nesta ocasión continuará pola tard, ás 17 horas coa actividade infantil “A música das árbores”, unha proposta de animación infantil e contacontos de Anxo Moure e Servando Barreiro. Ademais ás 18:30h. a Agrupación Cultural Candaira de Castrelo do Val ofrecerá unha actuación das súas seccións de música, pandeireteiros e baile galego. O programa completarase coa entrega de premios, prevista para as 19:3h0, nas distintas modalidades (Coplas, Maios e Arcos florais) e tamén no Voto Aberto do CCA ao mellor Maio.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button