EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Tradición, música, pinchos e viño nas “XIV Covas de Seadur”

Esta celebración terá lugar na tarde do 24 de marzo nesta localidade de Larouco
Interior dunha das covas de Seadur na pasada edición desta festa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Interior dunha das covas de Seadur na pasada edición desta festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

É máis que unha festa. Permite desfrutar dun bo viño no interior de antigas adegas subterráneas, talladas na rocha e nas que esta bebida se conserva a unha temperatura e humidade constantes. E iso mentres se desfruta de deliciosos pinchos e se baila ao ritmo de gaitas e pandeiretas. O das “Covas de Seadur” é un ambiente moi especial é único, que xungue tradición, con viticultura e diversión. Por iso esta celebración congrega cada Sábado Santo a centos de persoas de todas as idades nesta localidade do concello de Larouco.

Nesta ocasión, na que este percorrido polas adegas cumpre xa catorce anos, será o 26 de marzo. O programa encetarase ás 18h. coa apertura dunha vintena de adegas. No inicio do circuíto instalarase un posto de venda de entradas, cuxo prezo será de dez euros para os adultos e de 5 euros para os cativos de 7 a 12 anos, aos que se lle serven refrescos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button