EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Traendo un anaco de Andalucía a Valdeorras

A cuarta edición da Feira de Abril no Barco, na fin de semana do días 11 e 12

Dende hai xa catro anos O Barco celebra a súa propia Feria de Abril. Trátase dunha iniciativa promovida pola hostalaría deste municipio valdeorrés e coa que se pretende “dinamizar o ambiente lúdico-social da vila e traer un anaquiño de Andalucía ata aquí, para poder ofrecer a posibilidade de desfrutar dunha ruta gastronómica baseada en tapas, pinchos e bebidas típicas andaluzas”, explican os seus promotores.

Nesta edición a feira tivo lugar os días 11 e 12 de abril en catro os locais da vila: La Pampa, A Cova, Tapería Al Natural e El Sueño Húmedo.

Co fin de recrear unha atmósfera festiva e andaluza, os hostaleiros decoraron as rúas dos seus locais con elementos característicos da Feira de Abril e ademais animaron o ambiente con música propia desta celebración.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button