CulturaMúsicaÚltima hora

Trasnochando pecha o ano no Baranda

A banda valdeorresa rematará a xira “Farolas Encendidas” no Barco, o venres 26 de decembro
Imaxe promocional de Trasnochando.
Imaxe promocional de Trasnochando.

Ourense, Melide, Vilagarcía de Arousa e por último, O Barco. Despois de dous anos presentando o seu primeiro disco “Farolas Encendidas” por toda Galicia e parte de España, Trasnochando pechará a xira en casa, na Sala Baranda do Barco de Valdeorras.

O vindeiro venres 26 de decembro a partires das 23:30h. (entrada, 3 euros) a banda valdeorresa subirase ao escenario para deleitar ao público cos temas do seu primeiro disco e tamén cancións novas que formarán parte do que será o segundo traballo discográfico no que xa están traballando.

O do Baranda, será además un concerto “moi especial” din dende Trasnochando, posto que será integramente grabado en video. Desas imaxes sairá un videoclip da canción “Sobredosis de Helio”.

Artigos relacionados

Back to top button