ConcellosÚltima hora

A trepidante historia dunha pinga de auga para celebrar o Día do Libro en Trives

A biblioteca desta vila acollerá o 25 de abril un contacontos dirixido a nenos de 0 a 8 anos

 

Detalle do cartel desta actividade de fomento da lectura en Trives.

 

Tendo como protagonistas aos contos conmemorarase o Día Internacional do Libro na Pobra de Trives. A Biblioteca Municipal acollerá o vindeiro 25 de abril a partires das 17:30h. o contacontos “Aventuras dunha pinga de auga”. Está dirixido a nenos de entre 0 e 8 anos

A historia virá da man das traballadoras da biblioteca que con este proxecto de contacontos, nesta e noutras datas significativas, “están traballando polo desenvolvemento dunha cultura de lectura forte, facendo que dende pequenos teñamos amor polas historias e xerando un gran apetito polos libro. Todos xuntos comparten un espacio onde as palabras saen aos encontros dos lectores. Arte e cultura fúndense nun entorno literario”, segundo se destaca dende o Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button