Participarán en skechs deste coñecido programa de Roberto Vilar que se emite hoxe ás 22:30h.
Durante o Nadal varios alumnos de sexto do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives gravaban un skech de gorrillas. Enviábanllo ao programa “Land Rober”, da televisión galega, e hai un días recibían con sorpresa un convite para actuar no programa.
Así eses tres alumnos (Ainara, Servando e Hugo) participarán no programa de Roberto Vilar desta noite. Emitirase a partires das dez e media desta noite. A primeira hora da tarde saían de Trives (tal e como pode verse nestas fotos), acompañados por familiares e máis veciños da vila.
Fotos cedidas por Carlos.