DeportesÚltima hora

Tres deportistas ourensás no campionato de España cadete de salvamento

A proba acuática celebrarase os días 18 e 19 de febreiro en Don Benito (Badajoz)
As deportistas do Salvour que participarán no campionato de España, coa adestradora.

Don Benito (Badajoz) acollerá esta fin de semana os campionatos de España de salvamento e socorrismo de inverno infantil e cadete que reunirán a máis de 260 socorristas de 86 equipos pertencentes a dez comunidades autónomas.

Ao peche provisional das inscricións, nas probas infantís hai 88 socorristas inscritos, 48 de categoría femenina e 40 de masculina, agrupados en 29 equipos. Nas probas para cadetes, os socorristas elévanse a 175 (92 mulleres e 83 homes).

Neste segundo apartado será onde teña represenación o club ourensán Salvour, con tres deportistas cadetes: Eva Espinosa Fernández que participará na proba dos 200 metros natación con obstáculos, 100 metros combinada de salvamento e 50 arrastre de maniquí; Eva Feijoo Gómez; e Aldara Estévez Crespo, cos 200 metros obstáculos. As tres loitarán por “estar entre as finalistas”, aseguran dende Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button