DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tres puntos máis para a UD Ourense

O conxunto de Fernando Currás vencía 2-0 ao Grove na 9ª xornada en preferente

O equipo sénior da U.D. Ourense vén de sumar tres importantes puntos, crecendo xornada a xornada na loita polo seu obxetivo de cara a final de tempada: un novo ascenso, desta volta a terceira. E facíao na tarde do 22 de outubro no campo do Couto, no partido correspondente á 9ª xornada de liga en preferente ante o Grove.

O encontro comezaba cunha pancarta reivindicativa de ambos clubs contra os lumes que asolaron Galicia nas últimas semanas. Ademais o conxunto ourensán  vestiu de negro “en homenaxe as vítimas desta traxedia, tanto humanas coma paisaxísticas”, gardándose un minuto de silencio polos finados e tamén por Mirlo, ex xogador de C.D. Ourense recentemente falecido.

De seguido e co pitido inicial comezaba un encontro no que os primeiros minutos foron de moito tanteo e de disputa pola posesión do balón, tendo que esperar ata o minuto 30 para que Fran abrise o marcador para os locais. Xa na segunda parte do encontro, Alfredo marcaba o segundo para os vermellos. Outro dos protagonistas da xornada foi o porteiro, Pato, cunha gran actuación que logrou manter a portería a ceros.

Tres puntos máis cos que a U.D. Ourense continúa na parte alta da táboa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button