DeportesGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

Triunfos valdeorreses no campionato provincial de orientación escolar

A proba, incluída no programa Xogade, tiña lugar o 10 de abril en Cenlle

Ata seis podiums sumaban os valdeorreses que participaban en Ourense no VI Campionato Provincial Escolar de Orientación Pedestre, que tiña lugar o 10 de abril en Cenlle e que forma parte do programa Xogade. Nesta cita, con saída na zona termal de Barbantes-Estación (Cenlle), houbo uns 140 inscritos.

Na categoría infantil feminino houbo dous títulos para Valdeorras, que viñeron da man Milagros Morena Aller Pfirter e de Alicia González Cerezales, ambas do Colexio Divina Pastora do Barco. O terceiro posto foi para Alba Osorio Míguez (Colexio Franciscanas de Ourense). No caso dos infantís masculinos, o mellor resultado conseguíao Avelino Domínguez Corzo (Divina Pastora-Barco), mentres que o segundo posto era para Ziad Nagihi (Asociación Deportiva Limiactiva, Xinzo) e o terceiro para Francisco Eloy Meiras Cid, (Colexio Franciscanas, Ourense).

Houbo asemade bos resultados para a comarca en cadete feminino, no que Iris Prada Rodríguez (Colexio Divina Pastora, O Barco), foi segunda nunha proba na que se impoñía Irene Morales Jímenez (Asociación Deportiva Limiactiva, Xinzo) e Carmen Canal Blanco, (IES Lagoa de Antela, Xinzo) quedaba terceira. Por outra banda, en cadete masculino, vencía Eros Mata Rodríguez (Club Peña Trevinca-Barco) e Daniel Rodríguez Pérez (Divina Pastora, O Barco) quedaba subcampión e Manuel Requejo Lorenzo (Colexío Público Antonio Faílde-Coles) terceiro.

Fotos: cedidas pola Federación Galega de Orientación de Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button