ConcellosÚltima hora

Trives celebrará o Día do Libro infantil e xuvenil cunha avoa moi especial

A Biblioteca municipal será escenario na tarde do 31 de marzo dunha sesión de contacontos para nenos de ata 8 anos

 

Detalle do cartaz da actividade.

Con contos conmemorará Trives o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril). Será na tarde do 31 de marzo a partires das 18h. e cun contacontos titulado “A avoa do ceo”, dirixido a nenos e nenas de 0 a 8 anos.

Esta iniciativa está promovida polas traballadoras do centro “co obxetivo de que os máis cativos visiten a biblioteca, vexan a lectura coma un pracer e medren cun mundo a seu redor no que os libros formen parte da súa vida cotiá, intentando ao mesmo tempo educar en valores a eses nenos e nenas”.

Artigos relacionados

Back to top button