Trives e Xinzo, entre os cinco concellos galegos con maior taxa de doazón de sangue

Os concellos con maior taxa de doazón de Galicia foron Padrón, A Guarda, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia e Lourenzá

O alcalde trivés e un dos concelleiros de Xinzo, no centro da imaxe, na entrega de premios.

No marco do Día Mundial do Doador de Sangue tiña lugar na Cidade da Cultura (Santiago) na mañá do 14 de xuño un acto de entrega de distincións que contaba coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Os concellos que obtiveron o recoñecemento como os de maior taxa de doazón de Galicia eran Padrón, cun índice de 101 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano; A Guarda, con 84/1000; os municipios ourensáns da Pobra de Trives e Xinzo de Limia con 61/1.000; e Lourenzá, que acadou 46/1.000. O alcalde trivés, José Francisco Fernández, facía públicas as felicitacións aos veciños deste municipio por este galardón.

Outro premio que recaía na provincia de Ourense era no apartado de centros de ensino. Así entre os centros de ensino non universitario distinguidos como os de máis participación durante o pasado ano 2016 estaba o CIFP A Carballeira-Marcos Valcarcel de Ourense.

No pasado ano, Galicia mantivo por décimo sétimo ano consecutivo a taxa de doazón de sangue recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), pese as dificultades que o envellecemento sociodemográfico supón para renovar a base de doadores.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies