CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Trives organiza visitas aos pazos turísticos da comarca

Na mañá do 31 de agosto desenvolvíase unha visita guiada con 35 persoas ao Pazo da Pena en Rozavales (Manzaneda)

“Coñecer os pazos de turismo” é o título dunha das propostas que organizaba neste verán o servizo de Turismo do Concello de A Pobra de Trives. Na mañá do 31 de agosto tiña lugar unha visita guiada ao Pazo da Pena en Rozavales (Manzaneda), no que participaban unhas 35 persoas.

Os visitantes distribuíanse en dous grupos, cada un con cadansúa guía, e percorrían as diferentes dependencias deste impresionante pazo: a capela, a biblioteca, o tear, a adega, a mina de auga… e tamén os seus espazos exteriores entre os que sobresaía unha horta ecolóxica e mesmo un futuro hotel para cans de persoas hospedadas.

A visita remaba cun vermú. Os participantes amosaban a súa satisfacción pola iniciativa e pola interesante visita a este pazo.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button