ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives vibra cos IV Cantos de Taberna

De música, bo humor e baile enchíanse as rúas e establecementos de hostalaría de Trives na tarde-noite do 28 de novembro. Desenvolvíase a cuarta, e de novo exitosa, edición dos Cantos de Taberna coa participación de oito grupos, identificados cunha chapiña.

O punto de partida era a praza do Pilón. Dende aí, cada unha das formacións distribuíase polos bares triveses para envolver a vila de ritmo e cantos ata a madrugada. Esta iniciativa foi organizada pola Asociación Cultural A Caniceira en colaboración cos locais de hostalaría triveses.

Fotos: A.C. A Caniceira

Artigos relacionados

Back to top button