EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Xixón o 17 de maio

Inclúese no marco de actividades promocionais que este consello regulador está realizando en diferentes cidades da xeografía española

 

 

Un total de 45 marcas de viño de 18 adegas amparadas pola D.O. Monterrei estarán presentes no Túnel do Viño que esta denominación ourensá organizará o vindeiro mércores 17 de maio en Xixón. A actividade, que se desenvolverá de 17 a 20:30 horas no Hotel Silken Cidade de Xixón, será coordinada polo sumiller e director da “Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2017”, Luis Paadín.

Esta iniciativa está dirixida a profesionais do sector (hostaleiros, sumilleres, distribuidores, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostalaría) e nela os asistentes poderán degustar viños de varias colleitas, variedades -Godello, Mencía, Dona Branca, Araúxa- e procedentes de diferentes solos (de lousa, graníticos, sedimentarios).

Ao mesmo tempo, neste Túnel do Viño tamén se contará con paneis con información complementaria da denominación, terras, pluviometría, variedades ou historia, así como una mostra fotográfica dos milenarios lagares rupestres da comarca de Monterrei. Os interesados en participar deben confirmar a súa asistencia en info@servino.net ou no teléfono 678-577933.

Esta acción promocional inclúese no marco de actividades que se están realizando en diferentes cidades da xeografía española. Xa se visitou Ourense e nas próximas semanas chegará a Málaga e León.

 

Artigos relacionados

Back to top button