ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ultímanse os preparativos da X Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás)

A actividade, organizada pola Asociación Cultural Rebulir, celebrarase o 28 de maio

Co obxectivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca onde os mozos xuntábanse para cantar, bailar ou simplemente gozar dun ambiente festivo, nacía a Noite de Fiadeiro, unha festa organizada pola Asociación Cultural Rebulir, en colaboración co Concello de Ramirás que chega este ano á X edición.

Tal como adiantan dende a organización, a cita terá lugar o sábado 28 de maio en Vilavidal, sendo o lugar de San Andrés o centro neurálxico das actividades. Alí, os visitantes poderán gozar durante toda a xornada de decenas de postos de artesanía e gastronomía, obradoiros, actividades lúdicas, teatro de rúa, animación musical, concertos, demostracións… e como non, da intervención dos grupos de música tradicional chegados das catro provincias galegas.

Para esta décima edición do encontro, a organización quere contar con aqueles grupos que deixaron maior pegada persoal e artística, polo que segundo as previsións, chegarán a ser máis de 30 os colectivos participantes.

A Asociación Rebulir aproveitará tamén este encontro para anunciar os actos que darán peche á celebración do seu décimo aniversario, que comezaron co X Festival Internacional Rebulir, en decembro de 2015.

Artigos relacionados

Back to top button