CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un alumno do CEIP Julio Gurriarán do Barco finalista do concurso “Deseña una xoia para a túa nai” de Coxga

O de Álvaro Hermida foi un dos 5 deseños ourensáns seleccionados de entre 10.000 traballos
Alumnos do CEIP Julio Gurriarán na fachada principal co centro. /Foto: Mónica G. Bellver.

Co Día da Nai ás portas, o concurso “Deseña una xoia para a túa nai”, que organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) entra na súa recta final superando os 10.000 escolares no conxunto das catro provincias, 1.090 na provincia de Ourense. Os escolares participantes, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que quererían regalar á súa nai e entre os traballos presentados, o xurado seleccionou os 80 finalistas, entre eles 5 ourensáns, un deles alumno do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras: Álvaro Hermida Escuredo de 7 anos.

Deste grupo de finalistas sairán os 12 gañadores que teñen como premio a execución dos seus deseños a cargo de xoieiros profesionais. Os premiados coñecerase mañá venres 28 de abril, na gala de entrega de premios, á que están convocados os finalistas e as súas familias que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela ás 17:30h.

Para participar no certame, os escolares deseñaron pulseiras, colgantes ou pendentes, de xeito que os pequenos artistas poderán ver unha aplicación práctica da súa creatividade, a través desta iniciativa que serve de apoio á súa formación escolar. Xoieros de toda Galicia traballan estes días para realizar os deseños gañadores que os escolares entregarán o Día da Nai ás súas proxenitoras.

Artigos relacionados

Back to top button