CulturaCulturaÚltima hora

Un cento de astrónomos, en Astrobiocos’14

A Festa Galega da Astronomía celebrábase do 19 ao 21 de setembro en San Xoán de Río
Un dos actos de Astrobiocos'14./ Foto cedida.
Un dos actos de Astrobiocos’14./ Foto cedida.

A maior concentración de telescopios nunca rexistrada en Galicia, máis de 25 telescopios ópticos, tiña lugar no Albergue Os Biocos, en San Xoán de Río. Dábase no marco da Festa Galega da Astronomía, na fin de semana do 19 ao 21 de setembro. Nela reuníanse uns cens astrónomos de diferentes lugares da comunidade e tamén da veciña Castela e León.

Entre os expertos que participaron nesta edición estaban Francisco Colomer (Observatorio Astronómico Nacional, Madrid), Josefina Ling (Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, Santiago), Ramón Iglesias Marzoa (do Observatorio de Javalambre, Teruel).

O programa destas xornadas incluía diversas charlas didácticas, obradoiros de nivel de iniciación e avanzado, sesións de planetario adaptadas para diverso tipo de público, actividades de divulgación científica e, sobre todo, observacións tanto solares e nocturnas, que tiveron “un grande éxito debido a que gozamos dunhas condiciones meteorolóxicas moi apropiadas durante moi boa parte do encontro”, explican dende o Albergue Os Biocos.

Ademais neste albergue “froito do noso compromiso co desenvolvemento científico e en colaboración co colectivo CACHARREO.ES, quedou instalada unha estación experimental de radiotelescopio para o seguimiento de meteoros, que subministrará de xeito indefinido gran información científica de gran valor para aos investigadores e investigadoras que traballan nesta especialidade”, destacan dende Os Biocos.

Esta Festa Galega da Astronomía é o mais importante encontro anual de afeccionados a esta ciencia que se desenvolve en Galicia e conta coa colaboración de cinco das máis importantes agrupacións astronómicas da comunidade (AstroVigo, Asociación Astronómica Rías Baixas, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Ourense Astronómico e Clube Vega Compostelán de Astronomía).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button