DeportesÚltima hora

Un cento de pilotos participará no IV Xtremo Mesego, no Carballiño

A proba de induro acada a súa cuarta edición adquirindo carácter internacional
A proba foi presentada esta mañá na Praza Maior do Carballiño.
A proba foi presentada esta mañá na Praza Maior do Carballiño.

Un cento de pilotos participará esta fin de semana na proba de induro Xtremo Mesego, que se celebrará no Concello do Carballiño. É a cuarta edición desta cita deportiva e será a primeira vez que se celebre con carácter internacional, xa que entre os participantes figuran inscritos un francés e varios portugueses. Do territorio nacional, chegarán pilotos procedentes do País Vasco, Navarra e Cataluña. Nomes como Pol Tarrés, Josu Baraibar ou Joaquín Rodríguez soarán moito estes días na vila ourensá.

A cita deportiva foi presentada esta mañá na Praza Maior da vila polo Moto Club Extremo Mesego, como organizador principal. Tamén estivo presente o edil de Deportes, Xosé Manuel Dacal, que acompañou a Juan Caderno e Miguel Lois en representación do clube moteiro. Dacal destacou a importancia do evento, apuntando á “calidade” e á participación, “que conleva a ocupación de prazas hoteleiras, a dinamización do sector hosteleiro e do turismo na vila”. O Concello colabora coa iniciativa.

En canto aos datos de carreira, a proba desputarase durante os días 1 e 2 de outubro. Na xornada do sábado levarase a cabo unha especie de pregón en Pena Cobertoira, a partir das 1u horas, e outro na Praza Maior ás 17:30 h. O domingo será a proba propiamente dita, que comezará en Pena Cobertoira arredor das 11 horas e rematará ás 17:30 horas coa entrega de trofeos.

Artigos relacionados

Back to top button