OurenseÚltima hora

Un centro de adestramento de remo na provincia de Ourense

Laias, Arnoia e Castrelo de Miño acollen o que será a principal estación náutica de interior de España
A delegación ourensá. De dereita a esquerda: Vicent Boyer, do Grupo Caldaria,  Gabriel Fernández, director técnico do Club Náutico de Castrelo de Miño;  José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, e Antonio Marques e Francisco Cardoso do CERLAC.
A delegación ourensá. De dereita a esquerda: Vicent Boyer, do Grupo Caldaria, Gabriel Fernández, director técnico do Club Náutico de Castrelo de Miño; José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, e Antonio Marques e Francisco Cardoso do CERLAC.

O Centro de Entrenamiento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño (CERLAC), liderado pola Deputación provincial a través do Inorde, está presente no campionato do mundo de remo que se está celebrando no Lago de Aiguebelette (Francia), dende o 30 de agosto e ata o 6 de setembro.

Tal como informan dende o Inorde, este evento no que se darán cita uns 32.000 espectadores, conta cunha participación de aproximadamente 1.300 remeiros procedentes de 77 países de todo o mundo, que competirán por algunha das 129 prazas que se porán en xogo para a cita olímpica de 2016 en Río de Janeiro, ao ser unha proba clasificatoria.

A delegación ourensá presente no mundial de remo, está composta polos representantes do Iorde, José Manuel Rodríguez (xerente); do Grupo Caldaria, Vicent Boyer; do Club Náutico de Castrelo de Miño, Gabriel Fernández (director técnico); e do CERLAC, Antonio Marques (director).

O Centro de Entrenamiento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño comezou a funcionar tralo campionato do mundo de remo de Amsterdam en 2014, e neste 2015 acolle ás seleccións de Holanda, Bielorrusia, Australia e College Willian Borlase de Reino Unido cun stage de 150 personas. De cara á campaña 2016 “están pechados xa os stages para Oxford, Cambridge, Dublín, 5 College británicos máis e as seleccións de Bielorrusia, Francia e Australia”, din dende o Inorde, adiantando que a delegación presente no mundial en terras francesas “está pechando negociacións con Canadá, Austria, México, República Checa, Suiza, Inglaterra, Hong Kong, Bélgica, Eslovenia e Chile”.

Artigos relacionados

Back to top button