Galerías de fotosÚltima hora

Un desfile de moda no aniversario de Jorge Álvarez Estilistas, en Viana

O estilista amosou algúns dos seus innovadores deseños e peiteados

Modelo de pasarela, perruqueiro, estilista, e agora tamén deseñador e ata modisto. As facetas do vianés Jorge Álvarez non parecen ter límites e malia coñecer o seu traballo en canto a perruquería se refire, vén de sorprender ao público, coas súas propias creacións.

Non tódolos días se ten a ocasión de asistir a un desfile, e menos nun pobo alleo ao mundo da moda, por iso a expectación era moita e o resultado non defraudou. Na tarde do 18 de xullo, Jorge Álvarez Estilistas (estrada San Agustín Nº 6), celebraba o o seu primeiro aniversario en Viana do Bolo. E como non podía ser doutro xeito, facíao cun desfile igual que na inauguración hai un ano, pero nesta ocasión ía un paso máis aló e amais dos peiteados, Jorge amosou sobre a pasarela 10 modelos deseñados por el mesmo. “Eu fixen os peiteados, deseñei os traxes e tamén os confeccionei”, asegura, demostrando que malia a súa xuventude, ten un prometedor futuro no mundo da moda.

Con respecto ás prendas, Jorge apostou por modelos extravagantes, en branco e negro, con complementos innovadores elaborados con materiais pouco habituais (plumas, arames, pedras pintadas, papel…) co que ofreceu un bonito e orixinal espectáculo.

Tralo desfile, o equipo que colaborou co acto deu as grazas a Jorge Álvarez e a súa axudante Melania Granja, coa entrega de dous ramos de flores. A inauguración concluía co sorteo de diferentes tratamentos capilares entre os asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button