ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un exemplar criado en Rubiá gaña o 2º premio no concurso morfolóxico de Porco Celta en Expo Lugo

A porca “Manchitas”, propiedade de Raquel Méndez, foi galardoada no marco das festas de San Froilán

A Raquel Méndez Ramos, veciña de Rubiá sempre lle gustaron os animais e mostra diso son a gran cantidade de especies que ten na súa particular granxa. Pitas, coellos, cans, gatos, mesmo ocas, e por suposto porcos. Pero non porcos calquera senón os autóctonos, os Celtas.

Comezou a crialos hai uns catro anos e neste momento ten 32 exemplares que campan ás súas anchas nos preto de 20.000 metros cadrados de superficie total que ten pechada (en diferentes lugares) entre castiñeiros e belotas, a base da súa alimentación.

Unha alimentación e uns coidados que levaron a unha das porcas (de dous anos) a gañar o segundo premio no I concurso morfolóxico de Porco Celta organizado por Asoporcel (asociación sobre esta raza de porcos, da que Raquel é socia), na mostra agrogandeira Expo Lugo 2016, celebrada a comezos de outubro no marco das Festas de San Froilán.

Tal como explica a propietaria de “Manchitas” (como a chama pola súa cor, toda negra cun círculo branco na barriga), a porquiña conseguiu un total de 87,65 puntos pola forma da orella, do lombo, da pata moi longa… Superada por moi pouco pola gañadora que tivo 88,40 puntos.

Raquel asistía á mostra con tres exemplares de raza autóctona de porco e outra das porquiñas, “Mora”, quedaba clasificada no 4º posto.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button