EconomíaEconomíaÚltima hora

Un finalista ourensán no III Concurso de Deseño de Xoias San Eloi

A gala, na que se darán a coñecer os tres deseños gañadores, será o 29 de novembro en Allariz
O deseño de Raúl Diniz, un dos dez finalistas.
O deseño de Raúl Diniz, un dos dez finalistas.

O vindeiro sábado 29 de novembro a partires das 13h. o concello ourensán de Allariz acollerá a a Gala da Xoiaría de Galicia 2014 – San Eloi, na que se darán a coñecer as tres propostas gañadoras do III Concurso de Deseño de Xoias San Eloi organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.

Entre os dez deseños de xoias finalistas, que o xurado daba a coñecer hai uns días, o único da provincia de Ourense é obra de Raúl Diniz, un creador plástico de orixe brasileiro afincado en Allariz, quen recoñece que “é importante, vivindo aquí en Galicia e ser recoñecido no sector a través deste concurso é marabilloso”.

A pesares que nunca traballou de xeito profesional, Raúl xa fixo algúns traballos para empresas galegas de moda e xoiaría. “Sempre que podo tento contribuir coa miña experiencia do sector das artes plásticas na creación de xoias”, engade. Para o concurso decidiuse por un colar inspirado nun cadro pintado por el mesmo hai un par de anos, representando os movementos consantes das ondas do mar de aí o seu nome “ondas en movemento”.

Artigos relacionados

Back to top button