Monográfico Entroido 2012Monográficos

Un percorrido colorista

Desfile de carrozas e folións, Enterro da Sardiña e xornadas gastronómicas, no Entroido do Barco
Foto: Beltrán Alonso
Foto: Beltrán Alonso

Ao igual que en moitas vilas e poboacións galegas, o desfile de comparsas e carrozas que se celebra na tarde do Martes de Entroido (21 de febreiro), centra a programación no Barco de Valdeorras, desta festa que mestura gastronomía, música, disfraces e fariña.

En torno ás cinco e media da tarde, os participantes iranse achegando ata as proximidades do Hospital Comarcal Valdeorras na avenida Conde Fenosa, que será o punto de partida do desfile (cita de referencia tanto para o público en xeral do mesmo pobo e tamén dos da bisbarra, como para os que desexen participar de forma activa na festa e disfrazarse) para comezar o percorrido por boa parte da localidade, discorrendo pola vía central do pobo ata chegar á rúa Marcelino Suárez e finalmente rematar na praza Maior, ao son da música que cada grupo vaia incorporando á sua propia coreografía, así como dalgunha charanga que amenizará o baile.

Seguindo a liña de anos anteriores, dende o Concello do Barco “tendo en conta o interese público, social e cultural que ten a celebración do Entroido na nosa vila” acordaba incentivar a participación na actividade da poboación en xeral e dos colectivos en particular. Por este motivo convocan un concurso entre as comparsas participantes.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Beltrán Alonso
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button