EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Un percorrido polos sabores, en Quiroga

O “III Concurso Quiroga de Tapas” ofrecerá 20 propostas diferentes

A hostalaría quiroguesa tentará conquistar os padais de veciños e visitantes entre os días 10 e 18 de abril. Para iso botará man da creatividade, da innovación e dos produtos de calidade no marco do “III Concurso Quiroga de Tapas”. Nesta edición serán 20 os establecementos participantes con outras tantas deliciosas propostas culinarias:

Remansiño: Colapolo
Adega da María: O sabor do doce
Ciber-café A Pedra: Montadiño de champiñóns con guacamole e rulo de serrano con ourego
Bar Las Palmeras: Piquillos recheos de bacallau con tosta tapenade
Bar O Portón: Fricandó de tenreira con cogomelos
Bar Raposo: Tosta rústica ó aceite de Quiroga
Bar Quiper: Solombo en salsa de mel e tomiño con cremoso horteño
A Taberna: Milfollas de rabo de touro
Cafetería Quiroga: Xoaniña, roupa vella con daiquiri
Pub Ruxe-Ruxe: Tallaríns con salsa americana e ameixas de mar
Bar O Cantar Miudiño: O sushi da nosa terra
Bar Lago: Tortiña rechea de carnes variadas, con salteado de verduriñas e crema de San Simón
Bar Félix: Carne tres delicias
Restaurante O Roxo Vivo: Roliño de lacón con grelos sobre crema de patacas ó aceite de Quiroga
Casa Torres: Paspallás en escabeche sobre verde con tomate concasse
Bar Chapakuña3: Lombo con boletus en salsa de nata á pementa
O Recuncho de Dino: Delicia de grelos con lacón
Mesón Ferreiriño: Filloa vermella rechea de bacallau con crocante de xamón
Mesón Escaleira: Vieira envolta en kikos de millo, crema de San Simón e soia e marmelada de tomate
A casa de Pedra Lacón cocido con pataca rechea de zorza, sobre base de crema de grelos

A mecánica do certame será a mesma de anteriores edicións. Dende o Concello de Quiroga distribuiranse cartillas de votación ou “tapacartóns” no locais e cada vez que un cliente deguste unha tapa, póraselle un selo. Ao completar a cartilla, poderá emitir o seu voto á mellor tapa nas urnas que se depositarán nos propios establecementos de hostalaría. Ademais as tapas serviranse maridadas con viños desta comarca lucense.

Para animar ao público a probar este suculento menú de tapas a organización ofrecerá uns atractivos premios, “que se entregarán por sorteo entre os votantes”, segundo adianta a concelleira de Xuventude, Rosa Arza. Serán un primeiro premio de 300 euros en metálico e unha cesta de produtos típicos, un segundo premio consistente nunha cea+estancia+circuíto termal para dúas persoas no Balneario de Aguas Santas e, como terceiro premio, unha comida ou cea para dúas persoas na Ferrería de Rugando. Este sorteo efectuarase o 23 de abril ás 12h. no Concello de Quiroga.

Por outra banda, o establecemento hostaleiro máis votado polo público recibirá 100 euros en metálico e unha placa conmemorativa, mentres que os outros participantes serán agasallados cun diploma.

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de abril)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button