ConcellosÚltima hora

Un showcooking de Jaume García abre a I Feira Micolóxica “Tregumelos”

O programa deste certame organizado polo Concello da Veiga continuará os días 28 e 29 de novembro
Imaxe do showcooking que abría a Feira Micolóxica da Veiga./ Foto cedida polo Concelo da Veiga.
Imaxe do showcooking que abría a Feira Micolóxica da Veiga./ Foto cedida polo Concelo da Veiga.

Cun showcooking (cociña en directo) de Jaume García (Restaurante Velis Nolis), seguida dunha degustación, poñíase en marcha na Aula da Natureza da Veiga a I Feira Micolóxica “Tregumelos”. Ademais o venres 28 de novembro, no mesmo lugar, levarase a cabo un novo showcooking, pero desta volta dirixido por Alejandro Mínguez (Plan C) ás cinco da tarde. Logo, ás oito e media haberá unha outra degustación.

A feira continuará o sábado 29 de novembro ás 17:30h., no salón de conferencias do Toural, cunha maridaxe e cata de cogomelos e viños da Denominación de Orixe Valdeorras, coa participación do director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira. Ás 19:30h. os asistentes poderán desfrutar dunha degustación e, unha hora despois celebrarase un magosto popular. E como broche, ás 22:30 h., xa na praza do Toural, o grupo The Tetas Van ofrecerá un concerto.

Esta Feira Micolóxica será organizada polo Concello da Veiga en colaboración co Inorde. As súas prazas son limitadas e gratuítas.

Artigos relacionados

Back to top button