En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un xantar para celebrar a Festa da Bica de Trives

Numerosas persoas reuníanse na praza do Reloxo no mediodía do 30 de xullo

Polbo á feira, carne ao caldeiro, viño, licor café e a bica, a protagonista do evento. Ese foi o menú que puderon degustar os asistentes ao xantar celebrado no mediodía do sábado 30 de xullo na praza do Reloxo. O motivo, rendir culto á Bica de Trives, suculento doce manteigado cuxa fama traspasa fronteiras.

A Festa da Bica que este ano chegaba á XLIII edición, organizada polo Concello que dirixe o independiente Francisco José Fernández, contou coa presenza de numerosos convidados, entre eles a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega e o alcalde de A Teixdeira, Miguel A. Cid Álvarez.

A nota musical da celebración poñíaa a charanga Terras do Bibei que convidaba a bailar aos asistentes que despois de xantar achegábanse ata os bares da vila para tomar o café e as copas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button