CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Uned Valdeorras, na Rúa, impartirá o Grao en Criminoloxía no curso 2017-2018

No primeiro ano implantaranse simultaneamente os dous primeiros cursos
Imaxe dun curso impartido na aula da Uned Valdeorras na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

No curso académico 2017-2018 implantaranse os dous primeiros cursos en Criminoloxía na Aula Uned Valdeorras, unha oferta “multidisciplinar e cun enfoque psicolóxico esocial que o diferenza do resto de estudos actuais”. Así o anuncian dende o propio Centro Asociado da UNED en Ourense Extensión A Rúa, adiantando que mo primeiro ano implantaranse simultaneamente os dous primeiros cursos, “co obxectivo de facilitar o recoñecemento de créditos aos estudantes que posúan outras titulacións”.

O Grao en Criminoloxía impártese dende a Facultade de Derereito da UNED e a coordinación realízase no Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía, estructurado en catro cursos académicos, un Prácticum que poderá realizarse de forma presencial ou virtual e tres posibles itinerarios de especialización final.

No plan de estudos buscouse un equilibrio entre as diversas materias que o conforman (Criminoloxía, Dereito, Ciencias Políticas e Socioloxía, Psicoloxía, Filoloxía, Prácticum e TFG), de tal xeito que a formación dos graduados en Criminoloxía pola UNED” teña firmes puntasi nas distintas visións que o seu exercicio profesional requerirá”, indican dende o centro. Así, xunto a asignaturas cun compoñente claramente criminolóxico, impartiranse outras que aportarán os coñecementos xurídicos, politolóxicos, sociolóxicos e psicolóxicos ao que se sumará a inclusión do English for Criminology, e preceptivo traballo de fin de Grao.

Coa obtención do Grao en Criminoloxía o alumno estará capacitado para o acceso a diversos ámbitos profesionais: Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil, Corpo Nacional de Policía), Policías Locais e Autonómicas, ou en empresas de seguridade privada; Instituciones Penitenciarias; Oficinas destinadas á axuda e orientación das vítimas, dependentes da Administración de Xustiza; e mesmo Centros de internamento de menores.

Admisión: do 15 de xuño ao 20 de outubro de 2017 . (Con motivo do cierre estival, este período será suspendido do 29 de xullo ao 15 de agosto, ambos incluídos).

Matrícula: do 5 de xullo ao 20 de octubro de 2017, excepto do 1 ao 15 de agosto.

Máis información: Aula UNED Valdeorras (Colexio Manuel Respino A Rúa, horario de luns a venres de 9 a 14h; no Tfno. 988 33 60 38; no Correo electrónico: info@a-rua.uned.es; ou en  http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,3023522,93_20542543&_dad=portal&_schema=PORTAL

Artigos relacionados

Back to top button